MARCO LEGAL
- Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
- Decreto 374/1996, do 17 de outubro. Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria.
- D. 7/1999, do 7 de xaneiro polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de Galicia.
Artigo 15º.-Equipos de dinamización da lingua galega.
1. Para potenciar o uso da lingua galega nos centros sostidos con fondos públicos, constituirase un
equipo de dinamización da lingua galega, nomeado e supervisado pola dirección do centro e formado polo seu coordinador(a), por profesorado, por representantes do alumnado (agás no ensino infantil e primario) e por persoal non docente.
2. A composición do equipo de dinamización da lingua galega para cada tipo de centro, as súas competencias, e o nomeamento, cesamento e competencias do seu coordinador serán establecidas nos regulamentos orgánicos dos centros educativos. Na constitución destes órganos tenderase a unha composición equilibrada de mulleres e homes.
3. Os equipos de dinamización da lingua galega terán un papel fundamental no deseño, posta en práctica e revisión dos programas de promoción da lingua galega nos centros educativos, contarán co apoio técnico necesario e os centros educativos terán a debida dotación de recursos didácticos, pedagóxicos e material en galego.
4. A consellería competente en materia de educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coordinará o labor dos equipos de dinamización da lingua galega e divulgará as experiencias positivas desenvolvidas nos centros educativos.
5. Con esa finalidade coordinadora, constituiranse comisións en cada xefatura territorial de educación. A súa composición e funcións específicas serán determinadas pola consellería competente en materia de educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, de acordo coas directrices da política lingüística da Xunta de Galicia.
Decreto 374/1996, do 17 de outubro. Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria.
Capítulo III
Equipo de normalización lingüística
Artigo 63º
1. Para potencia-lo uso da lingua galega constituirase nos centros un equipo de normalización
lingüística, constituído por:
a) Un profesor de cada ciclo, por proposta da comisión de coordinación pedagóxica.
2. Os membros do equipo serán nomeados polo director
3. Poderán incorporarse ó traballo do equipo para temas puntuais outros membros da comunidade educativa.
Artigo 64º
É competencia do equipo de normalización
1. Presentar, a través do claustro, propostas ó equipo directivo para a fixación dos obxectivos de
normalización lingüística que se incluirán no proxecto educativo de centro.
2. Propoñer á comisión de coordinación pedagóxica, para a súa inclusión no proxecto curricular, o
plan xeral para o uso do idioma, no cal se deberá especificar,
a) Medidas para potencia-lo uso da lingua galega nas actividades do centro.
b) Proxectos tendentes a lograr unha valoración positiva do uso da lingua propia e a mellora-la competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.
3. Propoñerlle á comisión de coordinación pedagóxica, para a súa inclusión no proxecto curricular, oplan específico para potencia-la presencia da realidade galega, cultura, historia, xeografía, economía, etnografía, lingua, literatura, arte, folclore, etc no ensino.
4. Elaborar e dinamizar un plan anual de actividades tendentes á consecución dos obxectivos incluídos nos plans anteriores.
5. Presentar para a súa aprobación no consello escolar o orzamento de investimento dos recursos
económicos dispoñibles para estes fins.
6. Aqueloutras funcións que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria prevexa na súa
normativa específica.
Artigo 65º
1. A coordinación do equipo será desempeñada por un profesor del, preferentemente con destino definitivo no centro.
2. Nos centros con tres, catro ou cinco unidades asumirá a función de coordinación dos plans de
normalización lingüística o director.
Artigo 66º
O coordinador, que será nomeado polo director por proposta dos compoñentes do equipo, desempeñará as súas funcións durante dous anos, renovables, se é o caso, e cesará ó final deles ou cando se dea algunha das causas previstas no artigo 59º
Artigo 59º
Os coordinadores de ciclo cesarán nas súas funcións ó final do seu mandato ou ó producirse algunha das causas seguintes:
a) Renuncia motivada aceptada polo director, oído o equipo de ciclo.
b) Revogación polo director por proposta do equipo de ciclo mediante informe razoado, con audiencia do interesado.
Artigo 67º
Cando cese o coordinador do equipo de normalización lingüística antes de finaliza-lo prazo para o
que foi designado, o director nomeará, de acordo co procedemento sinalado no artigo 66º, un profesor ata o 30 de xuño.
Artigo 68º
Son competencia do coordinador:
a) Colaborar na elaboración dos proxectos curriculares de etapa.
b) Responsabilizarse da redacción dos planos que han de ser propostos á comisión de coordinación pedagóxica.
c) Convocar e presidi-las reunións do equipo.
d) Responsabilizarse da redacción das actas de reunión, así como da redacción da memoria final de curso, na que se fará unha avaliación das actividades realizadas que se incluirá na memoria do centro.
e) Proporcionarlles ós membros da comunidade educativa información sobre as actividades do equipo e de todos aqueles actos e institucións culturais relacionados coa realidade galega.
D. 7/1999, do 7 de xaneiro polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de Galicia.
Capítulo VI
Equipo de normalización lingüística
Artigo 33º.-Definición, composición e nomeamento.
O equipo de normalización lingüística constitúese para potencia-lo uso da lingua galega, que estará formado, alomenos, polos seguintes membros:
a) Un profesor ou profesora que imparta docencia na educación primaria, por proposta da comisión de coordinación pedagóxica.
b) Un profesor ou profesora do nivel de educación infantil, se é o caso, por proposta da comisión de coordinación pedagóxica.
c) Un profesor ou profesora que imparta docencia na educación secundaria, por proposta da comisión de coordinación pedagóxica.
d) Tres alumnos ou alumnas, por proposta da xunta de delegados.
e) Un membro do persoal non docente, por proposta deles.
Os membros do equipo serán nomeados polo director do centro.
Poderán incorporarse ó traballo do equipo para temas puntuais outros membros da comunidade educativa.
Artigo 34º.-Competencias do equipo.
Serán as seguintes:
a) Presentar, a través do claustro, propostas ó equipo directivo para a fixación dos obxectivos de normalización lingüística que se incluirán no proxecto educativo de centro.
b) Propoñer á comisión de coordinación pedagóxica, para a súa inclusión no proxecto curricular, o plan xeral para o uso do idioma, no cal se deberá especificar, cando menos:
b.1) Medidas para potencia-lo uso da lingua galega nas actividades do centro.
b.2) Proxectos tendentes a lograr unha valoración positiva do uso da lingua propia e a mellora-la competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.
c) Propoñer á comisión de cooordinación pedagóxica, para a súa inclusión no proxecto curricular, o plan específico para potencia-la presencia da realidade galega, cultura, historia, xeografía, economía, etnografía, lingua, literatura, arte, folclore, etc. no ensino.
d) Elaborar e dinamizar un plan anual de actividades tendentes á consecución dos obxectivos incluídos nos plans anteriores.
e) Presentar para a súa aprobación no Consello Escolar o orzamento de investimento dos recursos económicos dispoñibles para estes fins.
f) Aqueloutras funcións que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establece na súa normativa específica.
Artigo 35º.-Coordinación.
Será desempeñada por un profesor ou profesora do equipo, preferentemente con destino definitivo no centro.
Artigo 36º.-Nomeamento, duración e cesamento do coordinador.
O coordinador, que será nomeado polo director por proposta dos compoñentes do equipo, desempeñará as súas funcións durante catro anos, renovables, se é o caso, e cesará ó remate deles ou cando se dea algunha das causas recollidas no artigo 26º deste regulamento.
Cando cese o coordinador do equipo de normalización lingüistica antes de finaliza-lo prazo para o que foi designado, o director nomeará, de acordo co procedemento sinalado nese artigo, un profesor para o tempo que resta de mandato.
Artigo 26º.-Cesamento dos xefes de departamento.
Cesarán nas súas funcións polas seguintes causas:
a) Remate do seu mandato.
b) Traslado temporal ou definitivo, voluntario ou forzoso, pase á situación de servicios especiais, xubilación, excedencia voluntaria ou forzosa.
c) Cesamento polo delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, de oficio ou por proposta do director do centro, a causa de incumprimento grave de funcións, oído, se é o caso, o director, o departamento e o propio interesado.
d) Renuncia motivada e aceptada polo director.
Cando remate o seu mandato ou sexa cesado nas súas funcións por calquera causa das citadas, o director procederá a designar ó novo xefe de departamento, de acordo co establecido no artigo 24º deste regulamento.
Artigo 37º.-Competencias do coordinador.
Serán as seguintes:
a) Colaborar na elaboración dos proxectos curriculares de etapa.
b) Responsabilizarse da redacción dos plans que serán propostos á comisión de coordinación pedagóxica.
c) Convocar e presidi-las reunións do equipo.
d) Responsabilizarse da redacción das actas de reunión, así como da redacción da memoria final de curso, na que se fará unha avaliación das actividades realizadas que se incluirá na memoria do centro.
e) Proporcionarlles ós membros da comunidade educativa información sobre as actividades do equipo e de todos aqueles actos e institucións relacionados coa realidade galega.
COMPOSICIÓN
EDLG
|
|
D 79/2010
1. Para potenciar o uso da
lingua galega nos centros
sostidos con fondos públicos, constituirase un equipo de dinamización da
lingua galega, nomeado e
supervisado pola dirección do centro e formado polo seu coordinador(a), por
profesorado, por representantes do alumnado (agás no ensino infantil e
primario) e por persoal non docente.
2. A composición do equipo de dinamización da
lingua galega para cada tipo de centro, as súas competencias, e o nomeamento,
cesamento e competencias do seu coordinador serán establecidas nos
regulamentos orgánicos dos centros educativos. Na constitución destes órganos tenderase a unha composición
equilibrada de mulleres e homes.
|
|
EEI, CEP, CEIP
|
CPI
|
D
374/1996
Artigo 63º
1. Para potencia-lo uso da
lingua galega constituirase nos centros un equipo de normalización
lingüística, constituído por:
a) Un profesor de cada ciclo, por proposta da CCP.
2. Os membros do equipo serán nomeados polo director
3. Poderán incorporarse ó
traballo do equipo para temas puntuais outros
membros da comunidade educativa.
|
D 7/1999
Artigo 33º.-Definición,
composición e nomeamento.
O equipo de normalización
lingüística constitúese para potencia-lo uso da lingua galega, que estará
formado, alomenos, polos seguintes membros:
a) Un profesor/a que imparta docencia na educación primaria, por
proposta da CCP.
b) Un profesor/a do nivel de educación infantil, se é o caso, por
proposta da CCP
c) Un profesor/a que imparta docencia na ESO, por proposta da CCP.
d) Tres alumnos/as, por proposta da xunta de delegados.
e) Un membro do persoal non docente, por proposta deles.
Os membros do equipo serán nomeados polo director do centro.
Poderán incorporarse ó traballo
do equipo para temas puntuais outros
membros da comunidade educativa.
|