MARCO LEGAL.
- Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística.
- Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia
- Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüísmo no ensino non universitario de Galicia.
- Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo de Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. No curso 2015/2016 deixa de estar en vigor o D. 130/2007.
- Instrución para a aplicación do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, tras os pronunciamentos das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre este tema.
Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüísmo no ensino non universitario de Galicia.
Artigo 11º.-Potenciación da lingua galega nos centros.
Coa finalidade de promover o uso do galego nos centros, a consellería competente en materia de educación establecerá un programa regular de actividades de fomento da lingua en cada centro educativo, no marco do seu proxecto lingüístico e coa participación de toda a comunidade educativa, con especial atención ás liñas de actuación que permitan un incremento no uso do galego nas actividades extraescolares e complementarias.
Artigo 14º.-Proxecto lingüístico de centro.
1. Cada centro, dentro do seu proxecto educativo, elaborará o seu proxecto lingüístico cada catro cursos escolares, no cal se fará constar:
a) A decisión do centro educativo respecto da lingua en que se impartirán as materias de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
b) En educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, as medidas adoptadas para que o alumnado que non teña o suficiente dominio das linguas poida seguir con aproveitamento as ensinanzas que se lle imparten.
c) Nos centros que imparten formación profesional específica, ensinanzas artísticas e deportivas, e ensinanza de persoas adultas, os procedementos que aseguren que o alumnado acade a competencia lin- güística propia do nivel en ambas as dúas linguas oficiais.
d) Os obxectivos xerais e as liñas de actuación deseñadas polo centro para o fomento da lingua galega.
2. O proxecto lingüístico será redactado por unha comisión do profesorado do centro, nomeada polo equipo directivo e oída a comisión de coordinación pedagóxica. Formarán parte dela, como mínimo, os xefes/as dos departamentos de linguas e o coordinador(a) do equipo de dinamización da lingua galega. Será aprobado e avaliado polo consello escolar do centro educativo
3. Este proxecto remitiráselles cada catro cursos escolares aos servizos da inspección educativa, que velarán para que o seu contido se axuste a este decreto e ao desenvolvemento da Lei orgánica de educación.
4. Anualmente, elaborarase unha addenda do proxecto lingüístico na cal conste:
1. Nos centros que imparten educación infantil, os resultados da pregunta aos pais, nais, titores/as ou representantes legais do alumnado para obter información respecto da lingua materna predominante entre o alumnado, e as actividades e estratexias de aprendizaxe para que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento das lingua oficiais.
2. En todos os centros en que haxa unha modificación na impartición de materias en lingua(s)
estranxeira(s), información sobre os cambios aprobados polo centro e autorizados pola consellería competente en materia de educación.
3. En todos os centros, información e valoración dos programas e actividades para o fomento e dinamización da lingua galega realizados polo centro educativo no curso anterior e información do que se vai desenvolver no curso seguinte.
5. Sen prexuízo do previsto na epígrafe 4 deste artigo, a Administración educativa avaliará os proxectos lingüísticos dos centros e fará o seguimento dos resultados que se desprendan da súa aplicación coa finalidade de adoptar, se é o caso, as medidas necesarias para garantir que o alumnado adquira de forma oral e escrita a competencia lingüística propia de cada nivel e etapa nas dúas linguas oficiais de Galicia, como establece o artigo 14.3o da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.
No hay comentarios:
Publicar un comentario