Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO LINGÜÍSTICO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO LINGÜÍSTICO. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de mayo de 2016

PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO



MARCO LEGAL.  
  • Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística.  
  • Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia 
  • Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüísmo no ensino non universitario de Galicia. 
  • Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo de Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. No curso 2015/2016 deixa de estar en vigor o D. 130/2007. 
  • Instrución para a aplicación do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, tras os pronunciamentos das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre este tema.
Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüísmo no ensino non universitario de Galicia.
Artigo 11º.-Potenciación da lingua galega nos centros. Coa finalidade de promover o uso do galego nos centros, a consellería competente en materia de educación establecerá un programa regular de actividades de fomento da lingua en cada centro educativo, no marco do seu proxecto lingüístico e coa participación de toda a comunidade educativa, con especial atención ás liñas de actuación que permitan un incremento no uso do galego nas actividades extraescolares e complementarias.

Artigo 14º.-Proxecto lingüístico de centro.

1. Cada centro, dentro do seu proxecto educativo, elaborará o seu proxecto lingüístico cada catro cursos escolares, no cal se fará constar:
a) A decisión do centro educativo respecto da lingua en que se impartirán as materias de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
b) En educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, as medidas adoptadas para que o alumnado que non teña o suficiente dominio das linguas poida seguir con aproveitamento as ensinanzas que se lle imparten.
c) Nos centros que imparten formación profesional específica, ensinanzas artísticas e deportivas, e ensinanza de persoas adultas, os procedementos que aseguren que o alumnado acade a competencia lin- güística propia do nivel en ambas as dúas linguas oficiais.
d) Os obxectivos xerais e as liñas de actuación deseñadas polo centro para o fomento da lingua galega.

2. O proxecto lingüístico será redactado por unha comisión do profesorado do centro, nomeada polo equipo directivo e oída a comisión de coordinación pedagóxica. Formarán parte dela, como mínimo, os xefes/as dos departamentos de linguas e o coordinador(a) do equipo de dinamización da lingua galega. Será aprobado e avaliado polo consello escolar do centro educativo

3. Este proxecto remitiráselles cada catro cursos escolares aos servizos da inspección educativa, que velarán para que o seu contido se axuste a este decreto e ao desenvolvemento da Lei orgánica de educación.
4. Anualmente, elaborarase unha addenda do proxecto lingüístico na cal conste: 1. Nos centros que imparten educación infantil, os resultados da pregunta aos pais, nais, titores/as ou representantes legais do alumnado para obter información respecto da lingua materna predominante entre o alumnado, e as actividades e estratexias de aprendizaxe para que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento das lingua oficiais.
2. En todos os centros en que haxa unha modificación na impartición de materias en lingua(s) estranxeira(s), información sobre os cambios aprobados polo centro e autorizados pola consellería competente en materia de educación. 3. En todos os centros, información e valoración dos programas e actividades para o fomento e dinamización da lingua galega realizados polo centro educativo no curso anterior e información do que se vai desenvolver no curso seguinte. 5. Sen prexuízo do previsto na epígrafe 4 deste artigo, a Administración educativa avaliará os proxectos lingüísticos dos centros e fará o seguimento dos resultados que se desprendan da súa aplicación coa finalidade de adoptar, se é o caso, as medidas necesarias para garantir que o alumnado adquira de forma oral e escrita a competencia lingüística propia de cada nivel e etapa nas dúas linguas oficiais de Galicia, como establece o artigo 14.3o da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.