Mostrando entradas con la etiqueta CCP. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CCP. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de abril de 2016

COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓGICA


LEGISLACIÓN
  • LOE/LOMCE

Sección tercera. Otros órganos de coordinación docente
Artículo 130. Órganos de coordinación docente.
1. Corresponde a las Administraciones educativas regular el funcionamiento de los órganos de coordinación docente y de orientación y potenciar los equipos de profesores que impartan clase en el mismo curso, así como la colaboración y el trabajo en equipo de los profesores que impartan clase a un mismo grupo de alumnos.
2. En los institutos de educación secundaria existirán, entre los órganos de coordinación docente, departamentos de coordinación didáctica que se encargarán de la organización y desarrollo de las enseñanzas propias de las materias o módulos que se les encomienden.
  • D 374 art. 61-62
Capítulo II
Artigo 61º
Comisión de coordinación pedagóxica
A comisión de coordinación pedagóxica estará integrada polo director, como presidente; nos centros ondeexista, o xefe de estudios; os coordinadores de ciclo; o profesor de apoio á atención de alumnos con necesidades educativas especiais e o coordinador do equipo de normalización lingüística; actuará como secretario un membro da comisión, designado polo director, oídos os restantes membros (tamén formará parte da comisión de coordinación pedagóxica o coordinador de formación do profesorado, segundo o artigo 17o.4 do Decreto 245/1999, do 29 de xullo (DOG do 1 de setembro), polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte ensinanzas de niveis non universitarios). Artigo 62º A comisión de coordinación pedagóxica terá, en relación co réxime de funcionamento regulado no título IV deste regulamento, as seguintes competencias; a) Elevar propostas ó claustro co fin de establece los criterios para a elaboración dos proxectos curriculares. b) Velar para que a elaboración dos proxectos curriculares de etapa e o plan de acción titorial se realice conforme os criterios establecidos polo claustro. c) Asegura-la coherencia entre o proxecto educativo do centro, os proxectos curriculares de etapa e a programación xeral anual. d) Establece-las directrices xerais para a elaboración das programacións didácticas dos equipos de ciclo e do plan de acción titorial, así como das adaptacións curriculares incluídas no proxecto curricular. e) Propoñer ó claustro de profesores os proxectos curriculares para a súa aprobación. f) Velar polo cumprimento e posterior avaliación dos proxectos curriculares de etapa. g) Canaliza-las necesidades de formación do profesorado cara ó centro de Formación Continuada do Profesorado. h) Realizar, de se-lo caso, a proposta ó xefe de estudios co fin de que se designe o responsable do equipo de actividades complementarias e extraescolares. i) Propoñe-los profesores que han de formar parte do equipo de normalización lingüística.

  • O 22 junio
Capítulo VI
Coordinación docente
2. Comisión de coordinación pedagóxica.
2.1. A composición, a organización e as competencias da comisión de coordinación pedagóxica son as que se establecen no artigos 61 e 62, capítulo II, título III, do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria. 2.2. A comisión de coordinación pedagóxica reunirase cunha periodicidade mensual e realizará, unha sesión extraordinaria ó comezo do curso e outra ó finalizar este, así como cantas outras se consideren necesarias. As actividades que se van realizar pola comisión de coordinación pedagóxica incluiranse na programación xeral anual. 2.3. A comisión de coordinación pedagóxica deseñará as directrices xerais para a elaboración e revisión do proxecto curricular , así como o calendario de actuacións.

  • D 7/1999 (definición)
Capítulo IV
Comisión de coordinación pedagóxica
Artigo 28º.-Definición.
É o órgano de coordinación dos diferentes equipos e departamentos docentes.

Artigo 29º.-Composición.
Estará integrada:
a) O director, que será o seu presidente.
b) Os xefes de estudios.
c) Os xefes dos departamentos.
d) O coordinador do equipo de normalización lingüística.
e) O profesor de apoio a alumnos con necesidades educativas especiais.
f) O coordinador de formación en centros de traballo, se é o caso.
g) Os coordinadores de ciclo de educación infantil e primaria.
Actuará como secretario un membro da comisión, designado polo director, oídos os distintos membros.

Artigo 30º.-Competencias.
Son as seguintes:
a) Elevar propostas ó Claustro de Profesores co fin de establece-los criterios para a elaboración dos proxectos curriculares.
b) Velar para que a elaboración dos proxectos curriculares de etapa nos que se incluirá o plan de orientación académica e profesional e o plan de acción titorial se realice conforme os criterios establecidos polo claustro.
c) Asegura-la coherencia entre o proxecto educativo do centro, os proxectos curriculares de etapa e a programación xeral anual.
d) Establece-las directrices xerais para a elaboración das programacións didácticas dos departamentos, do plan de orientación académica e profesional, do plan de acción titorial, así como das adaptacións curriculares e dos programas de diversificación curricular e de garantía social, incluídos no proxecto curricular.
e) Propoñerlle ó Claustro de Profesores os proxectos curriculares para a súa aprobación.
f) Velar polo cumprimento e posterior avaliación dos proxectos curriculares de etapa.
g) Propoñer ó Claustro de Profesores a planificación xeral das sesións de avaliación e cualificación e o calendario de exames ou probas extraordinarias, de acordo coa xefatura de estudios.
h) Canaliza-las necesidades de formación continuada do profesorado cara ó centro de formación continuada do profesorado.
i) Propoñerlle ó director os profesores titores que han de formar parte do departamento de orientación.
j) Realizar, de se-lo caso, a proposta ós xefes de estudios co fin de que se designe o responsable do equipo de actividades complementarias e extraescolares.
k) Propoñe-los profesores que han de formar parte do equipo de normalización lingüística.


  • Instrucións de 1 de setembro de 2015, da dirección de xeral de centros e recursos humanos en relación con la organización y funcionamiento das bibliotecas escolares

Terceira. Profesorado responsable da biblioteca escolar e equipo de apoio.
2. Crearase, así mesmo, un equipo de apoio á biblioteca formado por profesorado do centro dos distintos ciclos, etapas ou departamentos existentes no centro, para garantir o seu carácter interdiscicplinar. A persoa responsable da biblioteca integrarase na Comisión de Coordinación Pedagóxica do centro.


ESQUEMA DE REDACCIÓN
  • Definición
  • Composición
  • Funciones