domingo, 8 de mayo de 2016

HORARIO PROFESORADO

Orde do 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación modificado seu artigo 4º pola Orde do 4 de xuño de 2012


XORNADA DE TRABALLO DO PERSOAL DOCENTE
HORARIO SEMANAL
PRESENZA NO CENTRO
HORAS LECTIVAS FIXAS
PRESENZA NON FIXAS
NON PRESENZA NO CENTRO
37 ½ horas semanais das que...
30 horas semanais
25 horas semanais
(Inclúe: Gardas / Gardas de recreo / Gardas de Custodia do alumnado no período de tempo que transcorre desde a chegada do alumnado transportado e o inicio da actividade lectiva e desde que rematan as actividades escolares ata a saída do transporte escolar)
Rateo alumnado/profesorado:
Transporte escolar
1 profesor/50 alumnos ou fracción.
Períodos de lecer
EI 1 prof/ 25 alumnos ou fracción
EP  1 prf/50 alumnos ou fracción
5 horas  semanais
(Inclúe: Reunión de claustro, consello, equipos docentes, coordinacións,sesións de avaliación, dinamizacións, etc.)
7 ½ horas semanais  
(Inclúe: Preparación clases, formación , ....)
ALGUNHAS ACLARACIÓNS SOBRE A XORNADA LABORAL DO PERSOAL DOCENTE
Outras actividades computables como lectivas
Nas ordes que desenvolven o ROC as funcións directivas e outras actividades teñen considiración de lectivas, fixándose o número de horas ou sesións lectivas computables por estas actividades.
O horario de atención directa ao centro que non corresponda a tarefas lectivas destinarase, entre outras, a actividades relacionadas con:
  • Titorías e orientación do alumnado, titorías de pais e nais de alumnado
  • Gardas cando non teñan o carácter de lectivas  
  • Reunións de equipos docentes
  • Reunións de departamento
  • Dinamizacións, participación en órganos colexiados
  • Sesións de avaliación
Horario semanal de non obrigada permanencia no centro
As 7 h e media restantes destinaranse a:
  • Perfeccionamento e á formación   
  • Preparación de actividades docentes
  • Atención doutras actividades inherentes á función docente
Forma de completar o horario lectivo
O profesorado que no seu centro non teña horario lectivo completo da súa especialidade docente ou de materia para a que teña competencia docente, poderá optar por completar a súa xornada lectiva noutro centro da localidade de acordo coa devandita especialidade ou competencia docente, ou no propio centro, impartindo materias afíns á mesma.
Ao profesorado que non cubra as 25 h./ 23 h.  lectivas  a dirección, oido o claustro, pode asignarlles:
  • Atención á diversidade (apoios)  
  • Dar clase noutro curso ou con outros grupos de alumnos (mestres) Desdobres ocasionais de grupos  
  • Apoio a mestres (especialmente EI)
  • Substitucións, dinamizacións
Centros con xornada continuada
As horas complementarias de obrigada permanencia no centro axustaranse ao establecido no proxecto pedagóxico presentado.
Con carácter xeral as actividades previstas dentro das horas citadas desenvolveranse por todo o profesorado do centro, simultaneamente, co fin de conseguir a máxima coordación.
Nos centros que teñan a xornada continuada o día común de presenza simultánea para todos eles será OS MARTES



Desconto horario lectivo semanal que se especifica para
cada un dos seguintes supostos:
a) Aos coordinadores de ciclo:
- Ciclos de 6 ou máis unidades: 2 horas
-Ciclos de menos de 6 unidades: 1 hora.
b) Aos coordinadores EDLG  e de actividades complementarias e extraescolares:
- Centros de 18 unidades ou máis: 2 horas.
- Centros de menos de 18 unidades: 1 hora.
REDUCCIÓN DE HORAS LECTIVAS DOS MEMBROS DO EQUIPO DIRECTIVO

Nº UNIDADES
DIRECTOR
XE
SECRETARIO
LIBRE ASIGNACIÓN
CEIP
6-11
6
4
4
3
12-17
7
5
5
4
16-23
8
6
6
5
24 o +
9
7
7
3
CEP
3-4-5
6



EEE
3-5
6



6 o +
9




Os membros dos equipos directivos, respectando as horas de liberación adxudicadas, poderán redistribuír entre eles as horas de libre asignación que figuran na táboa de liberacións.



No hay comentarios:

Publicar un comentario