LEGISLACIÓN
- LOE/LOMCE
- RD 1630/D 330 EI
- RD 126/D 105 EP
- D 374/O 22
- D 229 definición atención a la diversidad/adaptaciones curriculares
La LOE habla de la concreción curricular y el D 374 de proyectos curriculares. tenemos en cuenta los elementos que incluyen los distintos proyectos curriculares (etapa, ciclo, aula) que aparecen en el 374 y la orden del 22 pero los llamamos concreciones curriculares.
Primeiro nivel
Os elementos básicos do currículo constitúen as ensinanzas mínimas, que son reguladas polo Goberno (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte) por medio de Real Decreto para cada etapa educativa. Comprometen unha parte do horario:
- O 55% a las CCAA con lingua propia
- O 65% a aquelas que no a teñen.
Finalidade: garantir unha educación común, a mobilidade do alumnado e a validez dos títulos.
As CCAA (Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria)
elaboran e aproban os seus decretos completando o currículo pero deben deixar marxe aos
centros porque así o contempla a lei (por exemplo na elección de materias de libre
configuración tal como indica a LOMCE). Fanse por decreto etapa a etapa. Respectando as
ensinanzas mínimas fan aportacións completando os obxectivos, os contidos, etc. Séguese
basicamente o mesmo esquema que o Real Decreto.
Segundo nivel
En virtude da LOE-LOMCE os centros docentes completarán e desenvolverán no seu caso os diferentes currículos das etapas e ciclo (en EI) en uso da súa autonomía.
O centro docente é a unidade básica en que se desenvolve a acción educativa.
O alumnado construirá os seus coñecementos a partir da realidade que ten máis próxima, do que para eles ten un significado real e tanxible. Os centros son os que adoptan ademais:
- As secuencias dos contidos
- As pautas de avaliación
- Criterios metodolóxicos xerais
Isto a través das programacións de departamento, para dar unha homoxeneidade mínima e
evitar diferenzas esenciais dependendo do profesor.
Terceiro nivel
O profesor é o que executa, desenvolve, leva a cabo a acción de ensinar. E aínda que siga
unhas pautas, uns obxectivos, unhas metodoloxías básicas sen dúbida é un axente singular
que, en función dos seus criterios e do alumnado concreto que ten diante, xestiona o proceso de ensino-aprendizaxe. É quen ao final concreta o currículo á realidade da súa aula.
Cuarto nivel
Podemos incluir neste nivel as adpatacións curriculares significativas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario